Escola Municipal de Música Magariños Xa non estamos nesta dirección

Pincha no enlace para ver a:

NOVA WEB

Copyright © Escola Municipal de Música Magariños

gustache a web

Concello de Brión

VISITAS

Boletín escolar

NOVA WEB

RESERVA DE PRAZA | CURSO 2013/2014

Dende o día 2 de abril ao 10 de maio de 2013, ámbolos dous inclusive, estará aberto o prazo de RESERVA DE PRAZA na Escola Municipal de Música Magariños, para o próximo Curso Escolar 2013/2014 para os alumnos activos no presente curso escolar.
 
Os impresos e demáis documentación informativa para a formalización da reserva de praza estarán a disposición dos interesados en horario de secretaría e solicitándose aos profesores en horario de clase polas tardes.


A omisión de datos ou a non realización da reserva de praza se subsanarán no prazo establecido para tal efecto. No caso contrario, inmediatamente o alumno perderá a praza para o vindeiro curso 2013/2014. As comunicacións, avisos e demáis información para o vindeiro curso 2013/2014 farase únicamente por vía telemática.

Unha vez formalizada a reserva de praza, os alumnos non terán que realizar ningún tipo de  trámite é únicamente terán que aboar as taxas no período correspondente. Non se prestará ó servizo a aqueles usuarios ou beneficiarios que ao comenzo do curso non aboarán as taxas de matrícula, causando baixa automática no mesmo, e que se lles comunicará mediante resolución do IItmo. Sr. Alcalde ou Concelleiro Delegado.

A reserva fai referencia as especialidades cursadas ao longo do curso 2012/2013. Os alumnos de música e movemento de 4º no presente curso terán que escoller unha única especialidade instrumental das ofertadas polo centro. No caso, dunha segunda especialidade destes alumnos o prazo deberase realizar no prazo de nova admisión unha vez rematado o curso escolar 2012/2013.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

- Impreso de solicitude de reserva de praza.  
- Fotocopia do libro de Familia Numerosa ou certificado de pertencer como membro á Banda Municipal de Música de Brión, no caso de acollerse algunha das reduccións ou descontos según a Ordenanza Fiscal 20-PP reguladora do prezo público polos servizos culturais e deportivos. 

DOCUMENTACIÓN

- Impreso de solicitude. 
- Normas Xerais.