Escola Municipal de Música Magariños Xa non estamos nesta dirección

Pincha no enlace para ver a:

NOVA WEB

Copyright © Escola Municipal de Música Magariños

gustache a web

Concello de Brión

VISITAS

Boletín escolar

NOVA WEB

10 ANOS DE MÚSICA

Bota a andar o curso 2013/2014 coa efeméride do 10º Aniversario da Escola Municipal de Música Magariños dende que botou andar o PEEM [Plan Educativo de Ensinanzas Musicais] alá polo curso 2003/2004.
 
10 anos de música e logrando paseniño a paseniño moitos avances na calidade educativa dun centro adicado á formación musical cun carácter eminentemente púlico. No ano 2011 o centro acada o recoñecemento como Centro Oficial [Código do centro: 15032753] ao ser incluida dentro do rexistro de escolas de música e danza da Comunidade Autónoma de Galicia.
 
Na actualidade o centro conta cunha matrícula anual de máis de 180 alumnos e alumnas activos matriculados nas distintas especialidades ofertadas. Cunha formación dirixida a nenos que van dende os 3 anos de idade ata adultos sen límite de idade.
 
Os eixos principais do centro se recollen en catro bloques:
 
1. Área de Música e Movemento: adicado aos máis novos e conta con asignaturas como pre-iniciación musical, música e movemento e orquestra infantil.
 
2. Formación Instrumental: cunha oferta de nove especialidades que vai dende o piano, guitarra, trompeta/fliscorno, trompa, trombón, tuba/bombardino, clarinete, saxofón e frauta traveseira.
 
3. Formación Complementaria: destinados a unha formación musical máis alá da formación instrumental, o centro conta con asignaturas coma linguaxe musical e harmonía e análise musical.
 
4. Agrupacións Instrumentais: considerado un dos eixos que dende o centro queremos desenvolver estratéxicamente de cara ao futuro, ano tras ano vai aumentando o número de agruapacións tanto corais coma instrumentais. Na actualidade conta coas seguintes agrupacións: conxunto coral I, conxunto coral II, conxunto coral III, banda de música Magariños, ensamble de clarinetes e saxofóns, orquestra de guitarras e tamén de frautas.
 
O presente curso 2013/2014 comenza con varias novidades importantes que veñen a mellorar a calidade na educación musical levada polo Concello de Brión en xeral e da Escola Municipal de Música Magariños en particular:
 
1. No segundo ciclo da área de música e movemento incorporase a asignatura de Orquestra Infantil que, destinada aos alumnos de 6 e 7 anos, ten coma obxectivo o de comenzar a traballar cun instrumento e dentro dunha formación colectiva e grupal.
 
2. A partir do segundo curso do Nivel III do PEX (Plan Educativo Xeral) se incorpora a asignatura de Harmonía e Análise Musical. Cun itinerario de catro anos intenta abarcar o traballo de comprensión musical tanto a nivel horizontal coma vertical. Todo elo incluindo ademáis á análise de obras musicais dende diferentes aspectos estructurais, témáticos, harmónicos, etc.
 
3. Aumento do tempo lectivo para aos alumnos a partir do curso 2º do Nivel III.
 
4. Maior número de produccións artísticas e coma protagonistas os alumnos e alumnas da Escola.
 
En definitiva, este curso 2013/2014 dende a Escola queremos celebrar os parabéns do centro con moita música e que os 10 anos de música continúen mellorando ano tras ano tanto na calidade do servizo como na calidade da aprendizaxe. Deste xeito, repercutirá positivamente na formación dos usuarios que acotío acoden ao centro como tamén na vitalidade cultural do Concello de Brión.    

COMENZO CURSO 2013/2014

COMENZO CURSO 2013/2014

O vindeiro curso 2013/2014 comenza o próximo 16 setembro cun acto oficial ás 18:00 horas no Salón de Actos do Centro Social Polivalente. Rematará cun concerto a cargo do Cuarteto Vocal  coruñés LaCama.

A relación de alumnos e calendario das asignaturas colectivas están publicadas dende o mes de xullo tanto no taboleiro da Escola coma na sección Secretaría | Administración Xeral | Matriculación.   

En canto a elección de horarios de instrumento é o seguinte: 

- Piano: luns, 9 de setembro (16:00 ata 18:00 horas).
- Trompeta/Fliscorno: luns, 9 de setembro (18:00 ata 19:00 horas).
- Trompa: luns, 9 de setembro (18:00 ata 19:00 horas).
- Trombón: luns, 9 de setembro (18:00 ata 19:00 horas).
- Tuba/Bombardino: luns, 9 de setembro (18:00 ata 19:00 horas).
- Guitarra: martes, 10 de setembro (16:00 ata 18:00 horas).
- Clarinete: martes, 10 de setembro (18:00 ata 19:00 horas).
- Saxofón: mércores, 11 de setembro (16:00 ata 17:00 horas). 
- Frauta Traveseira: mércores, 11 de setembro (17:00 ata 18:00 horas). 

O pago de taxas correspondente ao primeiro trimestre deste curso 2013/2014 extenderase dende o 2 de setembro ata o 4 de outubro, ámbolos dous inclusive. A forma de pago é por Autoliquidación ou ben Transferencia Bancaria. En ámbolos dous casos será necesario presentar un xustificante de pago na Escola. 

Para máis información a Secretaría do centro permancerá aberta dende o 2 de setembro ata o 15 de setembro no seguinte horario de atención ao público: 

- De luns a venres dende ás 10:00 horas ata as 13:00 horas. 
- Martes dende as 16:00 horas ata as 19:00 horas.  

FELICES VACACIÓNS 2013

A Escola Municipal de Música Magariños pecha as portas por vacacións dende o 31 de xullo ata o 1 de setembro ámbolos dous inclusive.  

Abrirá as portas o vindeiro 2 de setembro co seguinte horario de atención ao público: 

- De luns a venres dende as 10:00 ata as 13:00 horas.
- Martes dende as 16:00 ata as 19:00 horas.

¡¡¡A Escola Municipal de Música Magariños vos desexa un FELIZ VERÁN 2013 cheo de moita música!!! 

CURSO 2013/2014

CURSO 2013/2014

A partir do 24 de xullo quedan publicados os listados para o vindeiro Administración Xeral | Matriculación podedes mirar: 
curso 2013/2014. Na sección

1. Listados de Admitidos/Listados de Agarda. 
2. Listados de Grupos (Obradoiro, PEX e PEA). 
3. Listados de Horarios de Asignaturas Colectivas. 
4. O calendario de elección de horario de instrumento no mes de setembro. 

Os alumnos que non fixeran a matriculación de nova admisión todavía quedan prazas dispoñibles nas seguintes especialidades:

- Trompeta/Fliscorno: 1.
- Saxofón: 3.
- Trompa: 1.
- Música e Movemento 3º: 9.
- Frauta Traveseira: 2.

O curso 2013/2014 comenzará o vindeiro 16 de setembro cunha presentación oficial do profesorado e continuación un concerto inaugural a cargo da formación coral LaCama. As clases comenzarán de forma ordinaria a partir do 17 de setembro.

MATRÍCULA CURSO 2013/2014

A Escola Municipal de Música Magariños abre o prazo de Matrícula 2013/2014 de Nova Admisión entre o 17 xuño e o 19 de xullo ámbolos dous inclusive.

As prazas son limitadas e se distribuen da seguinte forma:

- Pre-Iniciación Musical: 12.
- Música e Movemento 1º: 3.
- Música e Movemento 2º: 10.
- Música e Movemento 3º: 7.
- Música e Movemento 4º: 4.
- Piano: 6.
- Trompeta/Fliscorno: 2.
- Trombón: 2.
- Trompa: 1.
- Tuba/Bombardino: 1.
- Clarinete: 2.
- Saxofón: 6.
- Guitarra: 1.
- Frauta Traveseira: 3.

O horario de secretaría é o seguinte:

- Luns a Venres (10´00-13´00 horas).
- Martes (16´00-19´00 horas).

Máis información na sección Secretaría | Administración Xeral | Matriculación ou tamén no teléfono 981 509903 ou no e-mail escolamusica@briondixital.org





II CICLO DE MÚSICA E CINE "Beethoven: A Creación"

II CICLO DE MÚSICA E CINE "Beethoven: a Creación"

Os vindeiros días 3, 10 e 24 de maio terá lugar a II edición do Ciclo de Música e Cine organizado pola Escola Municipal de Música Magariños e dentro do programa do Departamento de Actividades Extraescolares. 

O Ciclo se celebrará na Aula 5 da Escola Municipal de Música Magariños ás 20:30 horas. A entrada é de balde ata completar o seu aforo.

A edición deste ano 2013 "Bethoven: a Creación" terá a seguinte programación:

COPYING BEETHOVEN [2006]

Agnieszka Holland, directora

Día: 3 de maio.
Hora: 20:30
Idade Recomendada: Todos os públicos.
Espazo Escénico: Aula 5 (ESMU Magariños).

CONCERTO COMENTADO PARA PIANO E ORQUESTRA Nº5 MI b M Opus 73 “O EMPERADOR”

Orquestra Sinfónica de RTVE
Sir Neville Marriner, Director. 
Rafael Orozco, solista.

Día: 10 de maio.
Hora: 20:30
Idade recomendada: Todos os públicos.
Espazo Escénico: Aula 5 (ESMU Magariños).

AMOR INMORTAL [1994]
Bernard Rose, director
Día: 24 de maio.
Hora: 20:30
Idade recomendada: Todos os públicos.
Espazo Escénico: Aula 5 (ESMU Magariños).
 

RESERVA DE PRAZA | CURSO 2013/2014

Dende o día 2 de abril ao 10 de maio de 2013, ámbolos dous inclusive, estará aberto o prazo de RESERVA DE PRAZA na Escola Municipal de Música Magariños, para o próximo Curso Escolar 2013/2014 para os alumnos activos no presente curso escolar.
 
Os impresos e demáis documentación informativa para a formalización da reserva de praza estarán a disposición dos interesados en horario de secretaría e solicitándose aos profesores en horario de clase polas tardes.

A omisión de datos ou a non realización da reserva de praza se subsanarán no prazo establecido para tal efecto. No caso contrario, inmediatamente o alumno perderá a praza para o vindeiro curso 2013/2014. As comunicacións, avisos e demáis información para o vindeiro curso 2013/2014 farase únicamente por vía telemática.

Unha vez formalizada a reserva de praza, os alumnos non terán que realizar ningún tipo de  trámite é únicamente terán que aboar as taxas no período correspondente. Non se prestará ó servizo a aqueles usuarios ou beneficiarios que ao comenzo do curso non aboarán as taxas de matrícula, causando baixa automática no mesmo, e que se lles comunicará mediante resolución do IItmo. Sr. Alcalde ou Concelleiro Delegado.

A reserva fai referencia as especialidades cursadas ao longo do curso 2012/2013. Os alumnos de música e movemento de 4º no presente curso terán que escoller unha única especialidade instrumental das ofertadas polo centro. No caso, dunha segunda especialidade destes alumnos o prazo deberase realizar no prazo de nova admisión unha vez rematado o curso escolar 2012/2013.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

- Impreso de solicitude de reserva de praza.  
- Fotocopia do libro de Familia Numerosa ou certificado de pertencer como membro á Banda Municipal de Música de Brión, no caso de acollerse algunha das reduccións ou descontos según a Ordenanza Fiscal 20-PP reguladora do prezo público polos servizos culturais e deportivos. 

DOCUMENTACIÓN

- Impreso de solicitude. 
- Normas Xerais.  

PAGO TERCEIRA COTA TRIMESTRAL

PAGO TERCEIRA COTA TRIMESTRAL 

O pago correspondente ao segundo trimestre extenderase dende o día 2 de abril o ata o 3 de maio ambos os dous incluídos.
A forma de pago é o de Autoliquidación no banco. Pódese solicitar os impresos de autoliquidación aos profesores en horario de clases (dende as 15:00 ata as 22:00 horas) ou ben en horario de atención ao público:

Secretaría
Xoves (11´00-12´00 horas)
Luns a Mércores (16´00-17´00 horas)
Xoves (15´30-16´30 horas)

Dirección
Martes (11´00-12´00 horas)

Xefatura de Estudios
Mércores (10´00-11´00 horas)

Unha vez efectuado o pago deberase entregar na Escola (ben aos profesores ou na secretaría) os xustificantes de pago co que quedaría completado o procedemento das taxas para o segundo trimestre.


Outra forma de pago e por Transferencia Bancaria. Igualmente deberanse entregar os xustificantes de transferencia en Secretaría ou ben aos profesores. 


CONTAS BANCARIAS
Nova Caixa Galicia: 2091 0327 07 3110000016
Banco Gallego: 0046 0017 75 0000027701

III Festival de Cámara | FECAM 2013

O vindeiro 22 de marzo chega o III Festival de Música de Cámara [FECAM 2013] organizado pola Escola Municipal de Música Magariños. A cita terá lugar ás 20:30 horas no Salón do Centro Social Polivalente.
 
Esta nova edición do FECAM 2013 chega despois das dúas edicións anteriores onde ano tras ano, o FECAM vai adquirindo unha personalidade diferenciada dentro da programación do Concello de Brión en xeral e da Escola de Música en particular.

A programación foi diseñada dun xeito moi heteroxéneo tanto en estilos coma de timbres atendendo a oferta instrumental da Escola Municipal de Música Magariños. O programa do Festival de Cámara gustará a todos os públicos grazas ao esforzo e habilidades dos intérpretes da Escola.

A entrada e de balde ata completar o aforo.

AUDICIÓNS 2º TRIMESTRE

AUDICIÓNS 2º TRIMESTRE

Dende o 4 de marzo ao 8 de marzo terán lugar as audicións correspondentes ao segundo trimestre do curso 2012/2013. Os alumnos que estan obrigados son os pertencentes ao Plan Educativo Xeral (PEX) dende o Nivel I ao Nivel III.

As audicións teñen o seguinte calendario:

Audición 1. Luns 4 de marzo dende ás 18:00 horas ás 18:30 horas.
Audición 2. Martes 5 de marzo dende ás 18:30 horas 19:30 horas.
Audición 3. Mércores 6 de marzo dende ás 18:30 horas 19:30 horas.
Audición 4. Xoves 7 de marzo dende ás 18:30 horas 19:30 horas.
Audición 5. Venres 8 de marzo dende ás 18:30 horas 19:30 horas.

Pódese visualizar a relación de alumnos por calendario na sección Áreas | Comunicación | Calendario de Audicións.  

É importante saber que todas as clases que coincidan parcial o totalmente co calendario das audicións se suspenderán. 

III Concerto de Entroido

A Escola Municipal de Música Magariños a través da Área de Música e Movemento organiza o III Concerto de Entroido 2013 para o vindeiro 8 de febreiro. A cita terá lugar ás 18:00 horas no Sala de Actos do Centro Social Polivalente.

Os máis pequenos da Escola poñen enriba do escenario as habilidades musicais e os ritmos traballados ao longo do curso nun ambiente cheo de color e moita música. Participaran dende os alumnos de 3 anos ata os de 7 anos. 

O concerto terá unha programación chea de cancións e danzas que faran as delicias dos pais e nais coma do público en xeral. 



PAGO SEGUNDA COTA TRIMESTRAL

O pago correspondente ao segundo trimestre extenderase dende o día 8 de xaneiro ata o 6 de febreiro ambos os dous incluídos.

A forma de pago é o de Autoliquidación no banco. Pódese solicitar os impresos de autoliquidación aos profesores en horario de clases (dende as 15:00 ata as 22:00 horas) ou ben en horario de atención ao público:

Secretaría
Xoves (11´00-12´00 horas)
Luns a Mércores (16´00-17´00 horas)
Xoves (15´30-16´30 horas)

Dirección
Martes (11´00-12´00 horas)

Xefatura de Estudios
Mércores (10´00-11´00 horas)

Unha vez efectuado o pago deberáse entregar na Escola (ben aos profesores ou na secretaría) os xustificantes de pago co que quedaría completado o procedemento das taxas para o segundo trimestre.

Outra forma de pago e por Transferencia Bancaria (contas do Concello de Brión). Igualmente deberanse entregar os xustificantes de transferencia en Secretaría ou ben aos profesores. 


CONTAS BANCARIAS
Nova Caixa Galicia: 2091 0327 07 3110000016
Banco Gallego: 0046 0017 75 0000027701