Escola Municipal de Música Magariños Xa non estamos nesta dirección

Pincha no enlace para ver a:

NOVA WEB

Copyright © Escola Municipal de Música Magariños

gustache a web

Concello de Brión

VISITAS

Boletín escolar

NOVA WEB

II CONCERTO DE ENTROIDO 2012

O Departamento de Música e Movemento da Escola Municipal de Música Magariños organiza para o vindeiro 17 de febreiro o II Concerto de Entroido 2012 no que se intenta fomentar e promover as destrezas musicais dos máis pequenos do centro.

A actuación será ás 18:30 horas no auditorio do Centro Social Polivalente de Brión. A entrada e de balde ata completar o aforo.

O repertorio a interpretar polos máis pequenos inclúe pezas musicais populares como ademáis de danzas tamén de ámbito popular. As actuacións estarán ambientadas co atrezzo das festas do entroido para darlle maior colorido ao espectáculo. Deste xeito se poderáne escoitar os ritmos e sons máis variados para estas datas tan sinaladas.

PAGO SEGUNDA COTA TRIMESTRAL CURSO 2011/2012

O período de pago da segunda cota trimestral deste curso 2011/2012 no seguinte prazo:

- Dende o 9 de xaneiro ata o 3 de febreiro ámbolos dous inclusive.

O procedemento de pago será o seguinte:

1. Autoliquidación. O pago por Autoliquidación realizaráse unha vez cubertos os impresos para tal efecto que serán entregados polo centro. Unha vez feito o pago no banco entregaránse os impresos en secretaría ou ben aos profesores.

2. Transferencia Bancaria. Pódese efectuar unha transferencia bancaria as seguintes contas:

Banco Gallego: 0046 0017 75 0000027701
Nova Caixa Galicia: 2091 0327 07 3110000016

No pago por transferencia será obrigado entregar un xustificante de pago no centro. Ademáis no concepto de pago se deberá indicar: Segunda cota trimestral da Escola Municipal de Música Magariños indicando o alumno matriculado.