Escola Municipal de Música Magariños Xa non estamos nesta dirección

Pincha no enlace para ver a:

NOVA WEB

Copyright © Escola Municipal de Música Magariños

gustache a web

Concello de Brión

VISITAS

Boletín escolar

NOVA WEB

VIII Concerto Fin de Curso | CFC 2012

O vindeiro 2 de xuño a Escola Municipal de Música Magariños celebra o VIII Concerto de Fin de Curso (CFC 2012). A cita terá lugar no Salón de actos do Centro Social Polivalente de Brión ás 11:00 horas.

O programa desta edición 2012 terá tres partes como o ano pasado. Nunha primeira parte comenzarán os alumnos do Nivel I e o obradoiro de Pre-Iniciación Musical. A continuación, ás 12:00 horas seguiran os alumnos do Nivel II e ás 13.00 horas os alumnos do Nivel III.

Este concerto que se ven desenvolvendo dende o ano 2005 é unha oportunidade de demostrar os coñecementos e as aptitudes logradas ao longo do curso 2011/2012. O concerto participaran as agrupacións conformadas dentro do plan educativo do centro como Conxunto Coral, Música e Movemento, Banda de Música Magariños, Orquestra de Guitarras, Ensambles de Clarinetes e Saxofóns, como ademáis, agrupacións de cámara. Por outra banda, a cita terá tamén presencia de instrumentación solista.