Escola Municipal de Música Magariños Xa non estamos nesta dirección

Pincha no enlace para ver a:

NOVA WEB

Copyright © Escola Municipal de Música Magariños

gustache a web

Concello de Brión

VISITAS

Boletín escolar

NOVA WEB

I FESTIVAL DE CÁMARA | FECAM 2011

O pasado venres 15 de abril os alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música Magariños, deleitaron aos asistentes co I Festival de Música de Cámara 2011 (FeCam) organizado no Concello de Brión. O salón de actos do Centro Social Polivalente quedou pequeno para acoller as intepretacións duns intérpretes que amosaron o seu virtuosismo sobre o escenario, e, cunha gran maestría e musicalidade e ademáis, con moita de receptividade transmitida en aplausos polo público.

O FeCam desenvolveuse na súa xénesis cunha peza da Señora de la Cima e interpretada pola Banda de Música Magariños do propio centro, e, baixo a dirección musical do mestre Jorge Rey Barca. Continuou o festival con interpretacións de dúos, tríos, cuartetos, quintetos e ata sextetos que demostraron toda a súa valía enriba do escenario. O festival rematou cun trío de clarinetes interpretando tres pezas de distinta índole rítmica pero con moito color e virtuosismo artístico.

O FeCam, acolleu os distintos timbres nos que a Escola ven traballando, dende instrumentos como o piano ou a guitarra, ata instrumentos de vento-metal ou instrumentos de vento-madeira. Todos eles por separado e en conxunto conseguiron que música se fusionara para deleitar coa arte de facer música de cámara.

RESERVA DE PRAZA CURSO 2011/2012

A Escola Municipal de Música Magariños abre o prazo de reserva de praza para o vindeiro curso 2011/2012.

O prazo de formalización da reserva de praza abrangue dende o 1 de abril ata o 29 de abril. Poden realizar a reserva de praza os alumnos activos no presente curso 2010/2011 e queran continuar no vindeiro curso. No caso de que os alumnos antigos queran escoller unha nova especialidade instrumental que non cursaron no presente curso 2010/2011, terán que facer a matriculación no período de nova admisión no mes de xuño e xullo.

Información e solicitude:

- Normas xerais.
- Impreso de solicitude.

RECITAL DE VIOLONCHELO

O Departamento de Actividades Extraescolares da Escola Municipal de Música Magariños organiza un Recital de Violonchelo a cargo da intérprete Alejandra Díaz. O recital terá lugar no Centro Social Polivalente o próximo venres 8 de abril ás 20:00 horas.

Na actualidade, Alejandra Díaz realiza o seu último curso de licenciatura na Guildhall School of Music and Drama baixo as ensinanzas de Oleg Kogan. Alejandra atópase entre as chelistas máis destacadas da súa xeración en Londres, onde colaborou con músicos de renome tales como Gordan Nikolich, Tim Hugh, Sir Colin Davis e James Gaffigan, por nomear algúns.

Comenza a súa andaina musical en Galicia con Plamen Velev coma profesor. Anos despois obtén o diploma como becaria da Escola de Altos Estudios Musicais de Galicia (EAEM) e colabora coa Real Filharmonúia de Galicia en varias ocasións.

En 2010 Alejandra é seleccionada para formar parte da LSO Academy, o Wigmore Hall Chamber Tots e o Chamber Studio en Kings Place co Quartz Piano Trío.

Coma resultado da súa intensa actividade musical en Londres, en decembro de 2010, funda como violonchelista e directora artísticas, o Solo Artist Ensemble, unha orquestra de cámara de corda que xa empeza a adquirir crecente recoñecemento en Londres.

Alejandra recibiu master clases de numerosos violonchelistas internacionais da talla de Lluis Claret, David Etheve, Marcal Cervera, Pieter Wispelwey, Gary Hoffman, Alexandrer Baillie, Alexander Chausian, Pierre Doumenge e Stefan Popov, entre outros.

Coma entusiasta da música de cámara, Alejandra colaborou con pianistas profesionais en diferentes agrupacións e recibe clases regulares dos membros do Belcea Quartet, Caroline Palmer, Alastair Tait e Alasdir Beatson entre outros moitos.

Alejandra tocou en diferentes cidades de Italia, España e Inglaterra e realizou diversos concertos de gran repercusión no Barbican Hall, Wigmore Hall e St. Luke´s en Londres.

Recentemente foi admitida para estudiar no Máster en Estudos Instrumentais Avanzados (de solista) na Guildhall School of Music and Drama.

Alejandra toca un violonchello Apostol Kaloferor fabricado en Sofía, Bulgaria, en 1990.


PROGRAMA

- Suite para violonchelo solo nº 2 en Re M. J. S. Bach.
- Suite para violonchello solo nº 3 en Do M. J. S. Bach.