Escola Municipal de Música Magariños Xa non estamos nesta dirección

Pincha no enlace para ver a:

NOVA WEB

Copyright © Escola Municipal de Música Magariños

gustache a web

Concello de Brión

VISITAS

Boletín escolar

NOVA WEB

III Festival de Cámara | FECAM 2013

O vindeiro 22 de marzo chega o III Festival de Música de Cámara [FECAM 2013] organizado pola Escola Municipal de Música Magariños. A cita terá lugar ás 20:30 horas no Salón do Centro Social Polivalente.
 
Esta nova edición do FECAM 2013 chega despois das dúas edicións anteriores onde ano tras ano, o FECAM vai adquirindo unha personalidade diferenciada dentro da programación do Concello de Brión en xeral e da Escola de Música en particular.

A programación foi diseñada dun xeito moi heteroxéneo tanto en estilos coma de timbres atendendo a oferta instrumental da Escola Municipal de Música Magariños. O programa do Festival de Cámara gustará a todos os públicos grazas ao esforzo e habilidades dos intérpretes da Escola.

A entrada e de balde ata completar o aforo.