Escola Municipal de Música Magariños Xa non estamos nesta dirección

Pincha no enlace para ver a:

NOVA WEB

Copyright © Escola Municipal de Música Magariños

gustache a web

Concello de Brión

VISITAS

Boletín escolar

NOVA WEB

AXENDA ARTÍSTICA | PRIMEIRO TRIMESTRE 2011/2012

A Axenda Artística para o primeiro trimestre deste curso 2011/2012 terá coma protagonista a producción propia coma a producción allea á Escola.

Por un lado, no que atinxe a programación propia da Escola, dende o 14 ao 18 de novembro terá lugar as primeiras audicións correspondentes ao primeiro trimestre deste curso 2011/2012. Nas audicións participarán os alumnos correspondentes ao Plan Educativo Xeral (PEX) tendo coma sede a Escola Municipal de Música Magariños. O desenvolvemento das audicións terá lugar en catro sesións pasando por todos os niveis educativos, dende o Nivel I ata o Nivel III. O acceso será limitado ao alumnado do centro. Máis información na sección Área | Comunicación | Calendario Audicións onde poderáse atopar o calendario e a relación de alumnos participantes.

Por outra banda, como xa é habitual nestas datas de celebración musical, o centro contará coa producción das III Xornadas Musicais Santa Cecía 2011. Nesta edición contará co seguinte cartel:

1. Curso Iniciación á Percusión. Profesor: José Vicente Faus Faus, timbal da Real Filharmonía de Galicia.
2. Conferencia da Música Tradicional Galega nos séculos XIX e XX. Ponente: Pablo Carpintero.
3. Concerto Didáctico do grupo de metais "Santa Cecía".

Mais información sobre as III Xornadas Musicais Santa Cecía 2011 pinchando aquí.