Ademáis, están publicados os horarios das asignaturas colectivas coma os grupos das distintas asignaturas complementarias impartidas dende a Escola:
- Música e Movemento.
- Pre-Conxunto Coral.
- Linguaxe Musical.
- Conxunto Coral I.
- Conxunto Coral II.
- Conxunto Coral (Adultos).
Por outra banda, tamén están publicados os horarios das agrupacións instrumentais para o primeiro trimestre do curso 2011/2012.
Pódese ver toda a información en secretaría e na área de comunicación.