Escola Municipal de Música Magariños Xa non estamos nesta dirección

Pincha no enlace para ver a:

NOVA WEB

Copyright © Escola Municipal de Música Magariños

gustache a web

Concello de Brión

VISITAS

Boletín escolar

NOVA WEB

I FESTIVAL DE CÁMARA | FECAM 2011

O vindeiro 15 de abril dará lugar ao I Festival de Música de Cámara (FeCam) organizado pola Escola Municipal de Música Magariños. O festival corerrá a cargo do alumnado do centro e pertencente ao PEX (Plan Educativo Xeral), e se desenvolverá no auditorio do Centro Social Polivalente ás 20:00 horas.

Con este festival, a Escola, quere dar a máxima expresión á arte musical. É de tal xeito, que os grandes compositores da historia da música encontraron a súa mellor inspiración e sabiduría na súa obra camerística, deixándonos un largo legado de obras mestras disfrutadas con apego nos últimos séculos e por públicos moi variados.

É tamén a música de cámara onde o intérprete demostra a verdadeira valía coma músico e onde o público, grazas a intimidade e cercanía que inspira este repertorio, experimenta como nunca uns momentos de comunión coa música.

O FeCam é unha festa da música onde o público e intérpretes disfrutarán e celebrarán a música de cámara de distintos compositores e de todos os tempos. E un pequeno inicio para dar cita a un público que comence a deleitarse coa beleza e profundidade deste arte, e, dende a música que fan os alumnos da Escola Municipal de Música Magariños.