Escola Municipal de Música Magariños Xa non estamos nesta dirección

Pincha no enlace para ver a:

NOVA WEB

Copyright © Escola Municipal de Música Magariños

gustache a web

Concello de Brión

VISITAS

Boletín escolar

NOVA WEB

AUDICIÓNS SEGUNDO TRIMESTRE | CURSO 2011/2012

Os vindeiros días 5, 6, 7, 8 e 9 de marzo terán lugar as audicións correspondentes ao segundo trimestre deste curso 2011/2012.

As audicións se celebrarán na aula 6 das dependencias da Escola Municipal de Música Magariños.

As audicións están limitadas aos alumnos e alumnas da Escola. Os horarios das distintas audicións coma a relación do alumnado participante pódese ver na sección Áreas | Comunicación | Calendario Audicións.

Os alumnos que terán que facer as audicións son todos os alumnos do Nivel I, Nivel II e Nivel III do Plan Educativo Xeral (PEX).

Os alumnos do Nivel I terán que interpretar pezas vocais ou instrumentais. Ademáis, poderán tamén realizar pequenas danzas.

Por outra banda, os alumnos dos Niveis II e III terán dúas audicións. Por un lado, coma solista do seu instrumento e interpretando unha peza marcada polo seu profesor e, por outra banda, unha audición de música de cámara para aqueles alumnos que teñen asignado dito repertorio.

As clases que coincidan parcial ou totalmente coas audicións quedaráns suspendidas na súa totalidade.