Escola Municipal de Música Magariños Xa non estamos nesta dirección

Pincha no enlace para ver a:

NOVA WEB

Copyright © Escola Municipal de Música Magariños

gustache a web

Concello de Brión

VISITAS

Boletín escolar

NOVA WEB

BO NADAL

A Escola pecha por vacacións de Nadal dende o día 22 de decembro ata o 8 de xaneiro ambos os dous inclusive.

Os vosos profesores: Carlos Gulías Carrillo, María Ferrer Vázquez, Elisa Costoya Rodríguez, Jorge Rey Barca, Damián Cairo Touriño, Francisco Javier Álvarez Mata e Carlos Pintor Iglesias vos desexamos:

¡ BO NADAL e un mellor ANINOVO 2012 !

CIRCULAR 11/003

O vindeiro 21 de decembro rematan as clases do primeiro trimestre do curso 2011/2012. O período de vacacións de Nadal abranguerá dende o 22 de decembro ata o 8 de xaneiro ambos os dous inclusive. O calendario escolar ao completo se pode ver no taboleiro como tamén na web da Escola.

O pago correspondente ao segundo trimestre extenderáse dende o día 9 de xaneiro ata o 3 de febreiro ambos os dous incluídos. A forma de pago é o de autoliquidación no banco ou en tesourería na Casa do Concello para importes inferiores a 60 €. Pódese solicitar os impresos de autoliquidación aos profesores en horario de clases (dende as 15:30 ata as 22:00 horas) ou ben en horario de atención ao público:

Secretaría
Luns e Venres (10´00-11´00 horas)

Dirección
Martes (10´00-11´00 horas)

Xefatura de Estudios
Mércores (10´00-11´00 horas)

Unha vez efectuado o pago deberáse entregar na Escola (ben aos profesores ou na secretaría) os xustificantes de pago co que quedaría completado o procedemento das taxas para o segundo trimestre.

Por outra banda, quedan expostos na web coma tamén no taboleiro da Escola, o Calendario das Agrupacións Instrumentais para o segundo trimestre das distintas formacións: Banda de Música Magariños, Ensamble de Clarinetes, Ensamble de Saxofóns, Orquestra de Frautas e Orquestra de Guitarras.

Finalmente, dende a Escola e dende o claustro de profesores vos desexamos que pasedes unhas Boas Festas e un mellor Aninovo 2012.