Escola Municipal de Música Magariños Xa non estamos nesta dirección

Pincha no enlace para ver a:

NOVA WEB

Copyright © Escola Municipal de Música Magariños

gustache a web

Concello de Brión

VISITAS

Boletín escolar

NOVA WEB

HORARIOS E LISTAS DE ADMITIDOS 2011/2012

A partir do 26 de xullo quedan publicados tanto na páxina web coma no tablón da Escola, o Concello e a Casa da Cultura os listados de admitidos e listas de agarda para o vindeiro curso 2011/2012.

Ademáis, están publicados os horarios das asignaturas colectivas coma os grupos das distintas asignaturas complementarias impartidas dende a Escola:

- Música e Movemento.
- Pre-Conxunto Coral.
- Linguaxe Musical.
- Conxunto Coral I.
- Conxunto Coral II.
- Conxunto Coral (Adultos).

Por outra banda, tamén están publicados os horarios das agrupacións instrumentais para o primeiro trimestre do curso 2011/2012.

Pódese ver toda a información en secretaría e na área de comunicación.

REMATA O PRAZO DE MATRICULACIÓN CURSO 2011/2012

O pasado venres 15 de xullo rematou o prazo de matrícula para o alumnado de nova admisión ou tamén os alumnos activos durante o curso pasado que quixeron facer unha segunda especialidade instrumental.

Unha vez rematado o prazo de formalización de matrícula únicamente quedan vacantes as seguintes prazas que poderán ser cubertas fora de prazo ata o 15 de outubro:

- Trompeta/Fliscorno: 1 praza.
- Trombón: 1 praza.
- Tuba/Bombardino: 1 praza.
- Música e Movemento 3º: 8.
- Música e Movemento 4º: 5.
- Obradoiro Pre-Iniciación Musical: 7.

A formalización de matrícula nas prazas vacantes poderánse realizar en horario de secretaría.